Boa Vida

Boa Vida

A asociación Boa Vida iniciou o seu traballo no 2012 en Pontevedra e a súa misión é diminuír as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e do traballo en equipo.

Conta con dúas ferramentas para acadar a súa misión:

  • Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS)
  • Empresa de inserción laboral Vivir do Traballo

Obxecto e persoas destinatarias

O seu obxectivo é promover a participación e facilitarlles información e formación á cidadanía e, especialmente, a aquelas persoas e colectivos afectados pola pobreza e pola exclusión social.

Obxectivos específicos

  • Capacitar as persoas en situación de pobreza ou exclusión para a participación social.
  • Realizar actividades formativas e autoformativas.
  • Difundir e darlles visibilidade ás situacións de inxustiza social.
  • Promover a loita polos dereitos sociais mediante o traballo en rede con outras entidades.
  • Proporcionar información e asesoramento sobre axudas e recursos sociais.
  • Ofrecer acompañamento sociolaboral a través de itinerarios.
  • Acompañar a poboación migrante no seu proceso de incorporación á nosa sociedade.

Actuacións

  • Acollida
    • Grupos primeira atención
    • Grupos de “ParticipAndo”
    • Grupo Busca Activa de Emprego (BAE)
  • Acompañamento
    • “Proxecto Itinere”
    • “Vida compartida” (atención a persoas maiores)
    • “Vivir co rural”
    • Atención a persoas migrantes con asesoramento xurídico
    • Formacións
  • Sensibilización sobre pobreza e exclusión social
    • Actividades na rúa
    • Actividades de apoio para a poboación refuxiada
    • Día Internacional da Loita contra a Pobreza

Datos de contacto

Rúa da Seca 3, 36002  Pontevedra