Bicos de Papel, asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro
- Vigo
- 986 195 118 e 617 749 494
- asociacionbicosdepapel@gmail.com
- bicosdepapel.org/
Obxecto da entidade
- Mellorar a calidade de vida das nenas e nenos con enfermidades oncohematolóxicas e das súas familias
- Minimizar as alteracións emocionais derivadas do proceso de saúde
- Favorecer a integración e socialización da ou do menor
- Promover a recuperación funcional e física da ou do menor
- Ofrecer tratamentos de fisioterapia pediátrica segundo a valoración da ou do oncólogo pediátrico
- Garantir a cobertura das necesidades básicas da ou do menor
- Sensibilizar a poboación xeral sobre a doenza
- Orientar e guiar as familias na abordaxe das distintas problemáticas que poden xurdir ao longo do proceso de saúde
- Favorecer o asociacionismo e a participación da sociedade civil na construción de sociedades compasivas
- Apoiar as unidades familiares no marco do proceso de saúde
- Ofrecerlles apoio económico ás familias que presenten dificultades económicas para cubrir as necesidades primarias da ou do menor ou outras secundarias e vinculadas co proceso de saúde: dietas hospitalarias, custos de farmacia, desprazamento a outras comunidades autónomas etc.
Servicios e programas que desenvolve
INTERVENCIÓNS E SERVIZOS DE CARÁCTER TÉCNICO-PROFESIONAL:
- Atención psicolóxica:
- Intervencións centradas en cubrir as necesidades emocionais da ou do menor
- Intervencións relacionadas coa etioloxía do tratamento e a súa adherencia
- Intervencións centradas na unidade familiar como provedora de benestar
- Reforzo educativo:
- Intervencións encamiñadas a complementar, consolidar e enriquecer a acción educativa ordinaria e principal
SERVIZOS E ACTUACIÓNS DE NATUREZA MATERIAL OU TECNOLÓXICA:
- Préstamos e axudas para a adquisición de material ortoprotésico:
- Intervencións centradas en prover de material específico as nenas e os nenos que presenten limitacións físicas ou funcionais
- Adaptación dos espazos públicos e privados á realidade das nosas cativas e cativos:
- Intervencións centradas en adaptar os espazos de ocio das áreas hospitalarias e doutros espazos de uso
- Intervencións centradas en dotar de material específico as distintas unidades hospitalarias
COBERTURA DE NECESIDADES BÁSICAS E SECUNDARIAS:
- Axudas económicas de emerxencia:
-
Intervencións centradas en cubrir as necesidades sociais das e dos menores e das súas familias
-
PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN COMUNITARIA
- Aloxamento alternativo:
- Intervencións centradas en prover dun aloxamento axeitado as unidades familiares desprazadas
- Actuación na comunidade autónoma:
- Intervencións centradas en sensibilizar a cidadanía
VOLUNTARIADO SOCIAL
- Captación, selección e formación do voluntariado:
- Intervencións centradas na cualificación da rede de persoas voluntarias da entidade
- Acompañamento social:
- Intervencións centradas no acompañamento e na ocupación do lecer e tempo libre das nosas cativas e cativos
Datos de contacto
- RUEPSS: E-7048
- Enderezo
- Rúa da Coruña, 24, 4.º C, 36208 Vigo
- Horario de atención
- VERÁN: de luns a venres de 10 a 14 h
- INVERNO: de luns a venres de 10 a 14 h e de 16 a 18 h