Asociación Virgen de la O

A asociación de nais e pais de persoas discapacitadas intelectuais Virgen de la O é unha entidade sen ánimo de lucro que se constituíu o 2 de maio de 1991, inscrita como entidade prestadora de servizos sociais desde 1997.

Centros:

  • Centro Ocupacional Méndez Núñez. Préstalles atención diúrna e ofrécelles servizos integrais para o desenvolvemento persoal, social e prelaboral ás persoas con discapacidade intelectual.
  • Vivenda tutelada Méndez Núñez. Préstalles atención residencial, social e integral a persoas con discapacidade intelectual.
  • Centro Especial de Emprego EmeEne. Situado na rúa Xeneral Gutiérrez Mellado 4, baixo, de Pontevedra, ofrece a integración no mundo laboral e apoio no desenvolvemento persoal e social para persoas con discapacidade.

Datos de contacto:

Praza Méndez Núñez 1, 36002 Pontevedra