Asociación Viguesa de Alcohología
ASVIDAL
- Vigo
- 986 226 269
- info@alcoholasvidal.com
- alcoholasvidal.com/
A Asociación Viguesa de Alcohología (ASDIVAL) creouse en xullo de 1983 e funciona como unha unidade asistencial de alcoholismo e outras adiccións legais (xogo, compras, tecnoloxías da información e da comunicación ou tabaco, entre outras).
É un centro especializado e profesional que non só desenvolve un labor asistencial para as usuarias e usuarios e as súas familias, senón que tamén leva a cabo programas de información, prevención, formación e investigación.
Funcións
Entre as súas funcións atópanse:
- Servir como centro especializado na atención á dependencia do alcol e outras condutas adictivas
- Servir como centro de información ás e aos cidadáns e profesionais sobre os problemas asociados ás condutas adictivas.
- Levar a cabo programas de colaboración e formación coa atención primaria de saúde e cos servizos sociais.
- Deseñar e executar programas de prevención.
- Programar actividades de formación con diferentes colectivos.
- Realizar actividades de investigación e acción.
Persoas destinatarias
Está dirixida a todas aquelas persoas pertencentes á área sanitaria de Vigo.
Actuacións
Lévase a cabo un programa de actuación biopsicosocial que á súa vez consta de tres subprogramas:
- Programa de acollida de información
- Programa de atención médica
- Programa de atención psicolóxica
- Programa de atención social
Datos de contacto
Rúa Escultor Gregorio Fernández 8, baixo, 36204 Vigo