Asociación Sodináutica

O obxectivo da Asociación Sodináutica é facilitar todos os medios posibles para que as persoas con discapacidade física poidan gozar da náutica coa familia e coas amizades sen depender de terceiras persoas. Colabora con entidades públicas e privadas para eliminar as  barreiras nas instalacións náuticas, nas embarcacións e nas normativas. Tamén participa na conservación e na divulgación do patrimonio cultural marítimo e fluvial de Galicia.

Persoas destinatarias

Está destinada a persoas con discapacidade física.

Actuacións`

Actividades en encoros, ríos e rías de Galicia.

Datos de contacto

Porto Deportivo s/n, 36940 Cangas