Asociación Parkinson Provincia Pontevedra

APROPARK
Asociación Parkinson Provincia Pontevedra

Entre os obxectivos da Asociación Parkinson Provincia Pontevedra (APROPARK) destacan:

  • Atender e darlles resposta ás necesidades das persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson e ás súas familias.
  • Proporcionarlles atención terapéutica, psicolóxica, social e sanitaria ás persoas coa enfermidade e ás súas coidadoras e coidadores.
  • Promover a investigación.
  • Sensibilizar sobre o párkinson e representar e darlle voz ao colectivo.
  • Colaborar con outras institucións con obxectivos similares.

Actuacións

  • Fisioterapia: individual e grupal, hidrocinesiterapia, pilates e educación para a saúde e obradoiros.
  • Logopedia: individual e grupal, e educación para a saúde e obradoiros.
  • Estimulación cognitiva e terapias de aceptación da enfermidade e de apoio para pacientes e familiares.
  • Traballo social: entrevistas, solicitudes de documentación, tramitación da solicitude de recoñecemento do grao de discapacidade ou minusvalía etc.
  • Servizo de transporte de usuarias e usuarios.
  • Participación en estudos da Universidade de Vigo.
  • Obradoiros de formación con profesionais do sector.

Contacto

  • Avenida Montero Ríos, 18, 36930 Bueu
  • Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Benito Corbal, planta 4, local 14, 36001 Pontevedra
  • Camiño Real de Badiña 21, casa doutor Carus, 1.ª planta, 36600 Vilagarcía de Arousa