Asociación Parkinson de Vigo
- Vigo
- 886 123 568 e 639 485 550
- aparvigo@gmail.com
- www.parkvigo.org/
A Asociación Parkinson de Vigo naceu para tratar de darlles resposta ás persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson, ás súas familias e ás súas coidadoras e coidadores dentro da cidade de Vigo e da súa área metropolitana.
Obxectivo
O obxectivo principal da Asociación Parkinson de Vigo é atender, orientar e informar as persoas afectadas, as súas familias e as súas coidadoras e coidadores dos recursos, das terapias e dos servizos aos que poden acceder para lograr unha mellor calidade de vida e integración. A entidade tamén pretende ser unha vía de información dos avances, das actualizacións e das investigacións sobre o párkinson. Non existen terapias coñecidas que eliminen a enfermidade, pero co traballo da asociación, mediante terapias alternativas, trátase de paliar os seus efectos e de frear a evolución de moitos dos síntomas que aparecen co progreso do párkinson.
Datos de contacto
Rúa Pateira, 11 bajo, 96-98, 36214 Vigo
Redes sociales:
- Facebook Asociación Parkinson Vigo | https://es-es.facebook.com/asociacionparkinsonvigo/
- Instagram | https://www.instagram.com/aparkvigo/
- Twitter | https://twitter.com/aparkvigo