Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e da súa Comarca-Residencia As Dores
APALC
- Lalín
- 986 781 897
- info@asdoresresidencia.es
- asdoresresidencia.es/
A Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e da súa Comarca (APALC) creouse en abril de 1982. Esta entidade privada sen ánimo de lucro rexenta a Residencia e o Centro de Día As Dores de Lalín.
Traballa día a día para ser un centro de referencia en servizos asistenciais, e obtivo o certificado de calidade ISO 9001 en 2011 e a norma UNE 158101 en 2015. Conta cun equipo tecnicamente especializado e integrado e favorece a participación doutras persoas e entidades para garantir o benestar das nosas e dos nosos maiores.
Ten plan de voluntariado logo de inscribirse como entidade de Acción Voluntaria de Galicia, coa que desenvolve distintos proxectos que lles facilitan ás persoas voluntarias a súa proxección persoal e profesional e cos que melloran a calidade de vida das persoas maiores.
Actuacións
A residencia é un servizo de atención residencial de longa estancia para persoas maiores que conta con 94 prazas (49 concertadas coa Xunta de Galicia e 45 privadas), mentres que o centro de día trátase dun servizo de atención diúrna para este colectivo que conta con 40 prazas privadas.
Ambos os centros ofrécenlles os seguintes servizos ás e aos usuarios:
- Atención médica e de enfermería
- Fisioterapia e rehabilitación
- Atención social
- Servizo de animación (programas terapéuticos e de ocio e tempo libre)
- Servizo de restauración
- Servizo relixioso
- Servizo farmacéutico
- Transporte adaptado
- Lavandería
- Salón de peiteado
- Etiquetaxe de roupa
- Acompañamento a consultas externas
- Podoloxía
- Outros programas (asesoramento, préstamo de axudas técnicas, convenios de colaboración con outras entidades etc.)
Datos de contacto
Rúa Antonia Ferrín Moreiras, 17, 36500 Lalín