Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril na Provincia de Pontevedra
ALCER Pontevedra
- Pontevedra
- 986 108 285 e 693 714 005
- infoalcerpontevedra@gmail.com
- www.facebook.com/AsociacionAlcerPontevedra
A Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril na Provincia de Pontevedra (ALCER Pontevedra) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como finalidade proporcionarlles unha mellor calidade de vida, independencia e participación social ás persoas con enfermidade renal e ás súas respectivas familias ou persoas coidadoras na procura dunha mellor calidade asistencial.
Obxectivo xeral:
- Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade renal crónica mediante actividades centradas nelas.
Obxectivos específicos:
- Favorecer hábitos de vida saudables.
- Darlle ao colectivo afectado as ferramentas necesarias para previr determinadas situacións que poderían xerar dependencia.
- Mellorar a participación na vida comunitaria da persoa afectada e da súa familia ou da persoa coidadora.
- Ofrecer servicios complementarios que non teñen cabida na área pública.
- Manter unha estratexia de asesoramento e información permanente para as persoas cunha enfermidade renal coa finalidade de tratar aspectos de interese para mellorar a súa calidade de vida.
Servicios e actividades:
- Programa de información, orientación ou asesoramento sobre os diferentes recursos sociais existentes no ámbito da discapacidade. Tamén se realizan tramitacións de axudas ou recursos e intervencións a través de visitas ás unidades de hemodiálise.
- Actividades educativas e formativas.
- Actividades de sensibilización social, coma mesas informativas ou promocionais sobre doazón de órganos, entre outras.
Datos de contacto
Rúa Benito Corbal, 45 (portal lateral á rúa Javier Puig Llamas, 1), piso 3.º, local 1, 36001 Pontevedra