Asociación Lenda de Saúde Mental

A Asociación Lenda de Saúde Mental naceu porque era necesaria, xa que unicamente as persoas afectadas, as súas familias e aquelas e aqueles máis achegados coñecían a situación de absoluta precariedade que sufrían as persoas con enfermidade mental e a súa inmensa marxinación dentro e fóra dos circuítos asistenciais da época.

En 1994 Pilar e Esperanza, dúas persoas concienciadas e formadas, fundaron a Cooperativa de Traballo Asociado Lenda con Jaime, Paqui e Camino. Esta cooperativa foi o motor inicial do que hoxe é a Asociación de Lenda de Saúde Mental.

Esta entidade foi socia fundadora e forma parte da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, hoxe Saúde Mental FEAFES Galicia.

Actuacións

A Asociación Lenda de Saúde Mental tenta mellorar a saúde mental da súa contorna. Para conseguilo, traballa en distintos ámbitos:

  • Préstalles atención, asesoramento e información ás enfermas e enfermos e ás súas familias.
  • Loita polos dereitos e polas oportunidades das persoas con enfermidade mental e polos das súas familias.
  • Realiza labores de sensibilización para promover a saúde mental e loitar contra o estigma que sofren as persoas con enfermidade mental.
  • Traballa para aumentar as posibilidades de inserción laboral do colectivo.
  • Programa actividades de ocio, entre as que se inclúen obradoiros, excursións, viaxes e deportes.
  • Traballa pola participación e polo apoderamento das persoas con enfermidade mental.
  • Participa activamente en festas, feiras e actividades da contorna.

Servizos:

  • Servizo de Información, Asesoramento e Apoio
    • “Programa de información e orientación”
    • Programa “Respira saúde mental”, de respiro familiar
  • Servizo de Acción Social
    • “Programa de saúde mental” no Centro Penal da Lama
    • “Programa de atención social en vivenda” e programa “Acompaña saúde mental”
    • Programa “Incorpora saúde mental”
  • Servizo de Atención Sociofamiliar
    • “Programa de apoio psicolóxico a familiares”  e programa “Capacita saúde mental”
  • Servizo de Rehabilitación
    • Centro de rehabilitación
    • Centro ocupacional
  • Servizo de Comunicación, Sensibilización e Participación

Datos de contacto

  • Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral Lenda
    • Rúa Reveriano Soutullo 57, 36800 Redondela
    • Teléfono:  986 404 200
  • Centro Ocupacional Lenda
    • Rúa Prego de Montaos 17, 36800 Redondela