Asociación la Esperanza del Valle Miñor (Centro Juan María)
- Nigrán
- 986 350 981
- administracion@centrojuanmaria.org
- centrojuanmaria.org/
Trátase dunha asociación de nais, pais e outras persoas que contribúen aos proxectos de vida das persoas con discapacidade intelectual.
Desde 1984 uníronse para prestarlles apoio ás persoas con discapacidade intelectual e ofrecerlles benestar, protección e educación, e tamén para promover a súa autonomía e así lograr unha inclusión social e laboral plena na contorna na que viven.
Cada día, son máis de cincuenta as e os profesionais que colaboran no empeño desta asociación e que lle dan cobertura á poboación de Nigrán, Gondomar, Baiona, Vigo e Mos.
A misión do Centro Juan María é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias ao cubrir as súas necesidades e expectativas a través dunha xestión e duns servizos de calidade, caracterizados pola proximidade e pola profesionalidade e baseados na mellora continua.
Esta entidade potencia a participación e a implicación das e dos usuarios, familiares e profesionais. Pretende ser unha asociación innovadora dentro do sector da discapacidade, con capacidade de resposta ante as necesidades das e dos usuarios, familias e profesionais.
Actualmente desenvolve as capacidades das persoas con discapacidade intelectual nos seus centros de educación especial, no seu centro ocupacional, no seu centro de día e no seu centro especial de emprego.
Datos de contacto
Rúa As Agullas 12, Parada, 36379 Nigrán