Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas
AGL
- Vilagarcía de Arousa
- 986 505 443 e 630 024 428
- info@linfedemagalicia.com
- www.linfedemagalicia.com/
O obxectivo da Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) é contribuír ao coñecemento, ao estudo e á investigación sobre o linfedema, o lipedema, a insuficiencia venosa crónica e outras patoloxías vasculares periféricas, así como promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con estas doenzas e outras patoloxías análogas e a das súas familias.
Persoas destinatarias
Está destinada a persoas con linfedema, lipedema, insuficiencia venosa crónica e outras patoloxías vasculares periféricas e demais patoloxías análogas, e tamén ás súas familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Actuacións
- Servizo de información, orientación e asesoramento en materia de discapacidade.
- Servizo de orientación en diagnóstico e tratamentos.
- Servizos profesionais destinados á prevención, ao diagnóstico e ao tratamento das persoas diagnosticadas de linfedema, lipedema e insuficiencia venosa crónica, entre outras, que se acorden con empresas e persoas autónomas.
- Servizos de ocio e tempo libre
- Servizos dispensados a través da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI):
- Prestación de produtos de apoio
- Asistencia xurídica
- Servizo de atención sexolóxica (Dedaleira)
- Emprego e servizo de intermediación laboral (SIL)
- Asistencia a cursos de formación
- Participación en programas de ocio
Datos de contacto
Rúa López Ballesteros 13, estación de autobuses, oficina 4, 36600 Vilagarcía de Arousa