Asociación Galega de Hemofilia

A Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) é unha entidade de ámbito autonómico, sen fins de lucro e de utilidade pública que agrupa persoas que teñen algún tipo de coagulopatía conxénita e as súas familias.

Misión
AGADHEMO traballa para conseguir a normalización social e sanitaria e mellorar a calidade de vida das persoas con coagulopatías conxénitas e das súas familias, a través da defensa e a promoción dos seus dereitos e da prestación de servizos de atención integral.

Servizos

  • Servicio de atención e información permanente
    Atención e información permanente sobre hemofilia e outras coagulopatías conxénitas en toda a comunidade autónoma:
    • Asesoramento legal
    • Fomento de grupos de apoio mutuo entre as socias e os socios da entidade
    • Servizo de acompañamento
    • Campañas de difusión sobre a enfermidade
    • Piso fogar 
  • Servizo de formación en hemofilia e outras coagulopatías
    Dentro do servizo de formación contamos cos seguintes servizos especializados:
    • Hemoescolas
    • VHC e hemofilia
    • AcampHemos
  • Servizo de apoio asociativo: servizo de apoio especializado con voluntarias e voluntarios e profesionais técnicas e técnicos en psicoloxía ou fisioterapia. Cooperación con outras entidades e desenvolvemento de actividades asociativas (por exemplo, asembleas de socias e socios). Actividades da entidade enfocadas a prestarlles un servizo profesional a demanda a aquelas persoas que así o soliciten
    • Fisioterapia
    • Psicoloxía
    • Acompañamento
    • Cooperación entre entidades afíns

Datos de contacto

Delegación de Pontevedra: rúa Doutor Carracido, 128, baixo, 36205 Vigo