Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica
AGAELA
- Cangas
- 660 532 298
- info@agaela.es
- agaela.es/
A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como principais obxectivos:
- Prestarlles apoio e axuda a todas as persoas afectadas por esclerose lateral amiotrófica (ELA) e ás súas familias.
- Promover investigacións para atopar unha cura para esta enfermidade.
Actuacións
- Ofrecer un servizo sociosanitario desde un enfoque multidisciplinar e integral que garanta a proximidade, a calidade e a eficacia á hora de satisfacer as necesidades que teñen unha persoa con ELA e a súa familia
- Sensibilizar os diferentes sectores implicados no proceso da enfermidade, a opinión pública e a Administración sobre os problemas de prevención e tratamento desta enfermidade
- Estimular e promover a investigación científica para mellorar as posibilidades terapéuticas e rehabilitadoras
- Dar a coñecer os seus dereitos e beneficios a todos os niveis, tanto a persoas enfermas coma a familiares, e potenciar o uso de todos os canais de información e sistemas de axuda
- Promover actuacións que favorezan a superación e o alivio das barreiras físicas ou psicolóxicas que implica a enfermidade
- Cubrir as necesidades de información, asesoramento e orientación
Datos de contacto
- Sede: Centro Asociativo A Escada. Rúa Manuel Azaña, 2, 15670 Culleredo, A Coruña
- Delegación: Centro Social de Cangas (ao lado do Concello, na antiga Casa do Mar). Rúa de Cuba, s/n, 36940 Cangas