Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer
AGADEA
- A Estrada
- 651 981 863
- cdiaaestrada@agadea.org
- www.agadea.org/
Obxecto da entidade
A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas usuarias, familiares, profesionais e voluntarias que traballan por mellorar a calidade de vida das persoas afectadas (enfermas e coidadoras) pola enfermidade de Alzheimer e por outras demencias. Para iso, ofrece cursos, servizos e actividades que cobren as necesidades que van xurdindo nas diferentes etapas.
Na Estrada conta co Centro de Día de Persoas Maiores e co Servizo de Estimulación Terapéutica da Estrada, ademais de centros en Santiago de Compostela, Ribeira, Vedra, Teo e Trazo.
Persoas destinatarias
- Persoas maiores sen deterioración cognitiva
- Persoas con deterioración cognitiva
- Persoas con demencias neurodexenerativas (enfermidade de Alzheimer, frontotemporal, corpos de Lewy etc.)
- Familias e persoas coidadoras
- Profesionais
- Medios de comunicación e poboación en xeral
Actuacións
- Prevención: a través dos programas “Activa-T”, “Envellecemento activo” e “Cultiva o corpo”
- Estimulación terapéutica: a través de terapias non farmacolóxicas
- Coidados nos centros de día con servizos coma fisioterapia ou transporte adaptado, entre outros
- Apoio ás familias: a través de Escola de Familias, de charlas, do servizo de atención psicolóxica e de grupos de apoio
- Formación: cursos para persoas profesionais e coidadoras
- Información e asesoramento xurídico
- Voluntariado e prácticas para estudantes
- Sensibilización para o público en xeral
Datos de contacto
Agadea A Estrada: Edificio do Novo Mercado, primeiro andar, 36680 A Estrada