Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra

ASPANAEX
ASPANAEX

A Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (ASPANAEX) foi fundada o 5 de xullo de 1963 por un grupo de familias que tiñan unha filla, un fillo ou un familiar cunha discapacidade intelectual. Nos seus inicios era unha asociación que asesoraba as familias, pero co paso do tempo converteuse nunha entidade que lles ofrece servizos ás persoas con discapacidade e ás súas familias en función da idade e da necesidade de apoio.

Persoas destinatarias

Nenas, nenos, mozas, mozos e adultos con discapacidade intelectual e as súas familia.

Misión

Contribuír para que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias poidan realizar o seu proxecto de calidade de vida atendendo ás súas necesidades e promover a súa inclusión na sociedade.

Valores para cumprir a misión:

  • Respecto ás necesidades da persoa
  • Empatía
  • Comportamento ético
  • Traballo en equipo
  • Compromiso cos resultados
  • Apertura ao cambio
  • Mellora continua
  • Solidariedade
  • A universalidade no seu conxunto

Servizos que oferta:

  • Colexio de educación especial
  • Servizo diúrno-terapéutico (centro de día)
  • Fomento da autonomía persoal
  • Coidado do benestar físico e emocional
  • Inclusión social
  • Servizo diúrno terapéutico-ocupacional (centro ocupacional)
  • Fomento da autonomía persoal
  • Coidado do benestar físico e emocional
  • Inclusión social
  • Aprendizaxes prelaborais (obradoiro de hortofloricultura, decoración, bixutería, papel reciclado, obradoiro de manipulados)
  • Vivenda tutelada
  • Servizos transversais: psicoloxía, logopedia, fisioterapia, actividades físico-deportivas, comedor, transporte e atención a familias

Datos de contacto

Rúa Mestres Goldar, 18, 36213 Vigo