Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual de Vigo
ASPAVI
- Pazos de Borbén
- 986 484 035
- gerencia@asociacionaspavi.org
- www.asociacionaspavi.org/
A Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual de Vigo (ASPAVI) é una entidade centrada en favorecer a asistencia, a protección, o benestar, a orientación, o desenvolvemento e a promoción integral das persoas con discapacidade intelectual, así como en proporcionarlles os medios e as medidas axeitadas para a súa integración na sociedade e no mundo laboral para mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.
ASPAVI conta cun centro de día e cun centro ocupacional, e actualmente estase a construír a residencia para persoas con discapacidade intelectual na parcela onde se sitúan os dous centros.
Actuacións
- Atención psicolóxica, para as usuarias e os usuarios e para as súas familias.
- Atención a familias, con apoio psicolóxico, xestión de documentación, información, xestión de axudas, mediación…
- Club deportivo, o cal participa en eventos organizados por Special Olympics Galicia e na liga de fútbol sala e baloncesto FADEMGA-Plena Inclusión Galicia. ASPAVI pertence á Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) desde 2015.
- Fisioterapia, que permite mellorar ou manter as funcións físicas e previr lesións.
- Cociña
- Transporte
Datos de contacto
Rúa Pazos 53A, 36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)