Asociación de Familiares y Enfermos Mentales MOREA
A.F.E.M. MOREA
- Lalín
- 986 781 460
- lalin@morea.org
- www.morea.org/
A Asociación de Familiares y Enfermos Mentales MOREA (A.F.E.M. MOREA) botou a andar en 1994 e na actualidade conta con varias delegacións en diferentes municipios das provincias de Ourense e Pontevedra.
Obxecto e persoas destinatarias
A A.F.E.M. MOREA é unha organización sen ánimo de lucro que ten como finalidade principal promover a saúde e o benestar das persoas afectadas por unha enfermidade mental e os das súas familias.
Actuacións
- A través de servizos coma os diferentes centros de rehabilitación psicosocial e laboral (CRPL) lévase a cabo un proceso de recuperación das persoas con enfermidade mental crónica para minimizar as limitacións e o impacto derivados da enfermidade e optimizar as súas capacidades, e que, así, conten coas habilidades psíquicas, emocionais e sociais para vivir, traballar e relacionarse na comunidade co maior grao de autonomía posible.
- Os principais módulos e programas que se desenvolven nos CRPl son: axuste persoal, terapia ocupacional, psicoeducación, habilidades sociais, rehabilitación cognitiva, actividades da vida diaria, psicomotricidade e tempo libre e de lecer. Ademais, a organización tamén ofrece outros servizos, coma acompañamento integral, axuda a domicilio e club social.
- Por outra banda, a asociación conta con unidades residenciais coma pisos protexidos e unha residencia (casa-fogar)
- Para as familias dispón de servizos coma os programas de asesoramento e información, “Axuste familiar” ou “Escola de familias”.
- Actividades comunitarias de sensibilización e difusión, que están destinadas a darlle visibilidade á realidade da enfermidade mental, minimizar o estigma asociado a este colectivo, reivindicar dereitos e xestionar recursos e soporte psicosocial e comunitario.
Datos de contacto
Rúa Nuno Eanes de Cercio 20, baixo, 36500 Lalín