Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama
ADICAM
- Cangas, Moaña, Pontevedra e Vigo
- 986 307 158 e 629 945 925
- adicamadicam@gmail.com
- adicam.net/
A Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAM) é unha entidade de persoas afectadas por cancro de mama e xinecolóxico que xorde en Cangas en 2001. No pasado ano 2022 contaba cun total de 1.710 socias e socios. Non só forman parte desta asociación as persoas afectadas por cancro de mama ou xinecolóxico e de outros procesos oncolóxicos, senón tamén aquelas colaboradoras que se solidarizan coa causa; principalmente el 90 % son mulleres de entre 50 e 70 anos, a franxa de idade na que o cancro de mama e xinecolóxico é máis frecuente.
O obxecto da entidade
ADICAM é unha asociación de persoas afectadas por cancro de mama e xinecolóxico e por outros procesos oncolóxicos, e tamén de colaboradoras e colaboradores que se solidarizan coa causa. Todos os servizos de ADICAM son gratuítos para as persoas diagnosticadas e as súas familias.
Actuacións
Áreas de traballo en función das necesidades detectadas.
- Área de información e sensibilización: charlas, obradoiros, mesas informativas, elaboración de folletos, participación en eventos da comunidade.
- Área asistencial: atención psicolóxica, información e asesoramento en traballo social, asesoramento nutricional, orientación laboral e legal, asesoramento en fisioterapia, acompañamento hospitalario, asesoramento estético en peiteado e coidado da pel.
- Área de actividades e prevención: promoción da saúde (física, psicolóxica) a todos os niveis, prevención do cancro de mama nas mulleres maiores de 70 anos, exaltación da imaxe da muller a través da arte, charlas de saúde a nivel xeral.
Datos de contacto
Actualmente contamos con sede en Cangas, Moaña, Pontevedra e Vigo.
- Cangas: atención ao público de luns a venres, de 10 a 14 horas
Luns e martes, de 17 a 19 horas - Moaña: previa cita os martes e os venres, de 10 a 14 horas
- Pontevedra: previa cita os mércores
- Vigo: previa cita os luns, martes e venres
- Luns e martes, de 10 a 13:15 horas
- Xoves, de 10 a 13:15 horas e de 17 a 20:15 horas