Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual
ACEESCA
- O Porriño
- 986 332 672
- aceesca@accesca.com
- aceesca.com/
O 11 de marzo de 1983 créase a Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (ACEESCA), formada por persoas con discapacidade intelectual, as súas nais, os seus pais ou representantes legais e por todas aquelas persoas e entidades afines a este colectivo, coa finalidade de prestar o apoio necesario para que as persoas con discapacidade intelectual poidan mellorar a súa calidade de vida, promover o cumprimento dos seus dereitos e favorecer a súa autonomía e autodeterminación.
Actuacións
Esta asociación apoia as persoas con diversidade intelectual en todas as súas etapas vitais a través das diferentes áreas de actuación nas que se desenvolven os servicios e programas que ofrece:
- Área de Infancia e Xuventude , cun centro de educación especial concertado con oito aulas que lle dá apoio a 30 alumnas e alumnos con diferentes discapacidades. Así mesmo, presta servicios de atención temperá nos concellos de Salceda de Caselas e As Neves.
- Área de Adultos, na que se lles presta apoio a un total de 73 persoas de diferentes características; engloba dous centros, o centro de día, con 36 persoas usuarias con grandes necesidades de apoio, e o centro ocupacional, cun total de 37 persoas usuarias no que se traballa, entre outros, a inserción social e laboral.
- Área de Emprego: formada por un Centro Especial de Emprego que conta na actualidade con 65 traballadoras e traballadores, dos que más do 70 % son persoas con discapacidade. Así mesmo, desenvólvense diferentes formacións encamiñadas á inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual, área na que é especialmente relevante o programa de “Formación Dual” iniciado en 2019, que permitirá obter un certificado de profesionalidade de nivel I.
- Actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería , dirixidas a dez persoas con discapacidade intelectual, nas que se combina formación e emprego remunerado. ACEESCA está cualificada como centro de formación para impartir esta modalidade.
- Área de Familias, que lles presta apoio ás familias das persoas con discapacidade intelectual.
- Área Técnica, formada por unha coordinadora e un equipo multidisciplinar integrado por Logopedia, Fisioterapia, Psicoloxía, Traballo Social, Terapia Ocupacional e Piscina Terapéutica.
Complementariamente, conta con outros servizos, programas e actividades de apoio coma teatro, ocio, deporte, comedor ou transporte.
Datos de contacto
Enderezo: A Ribeira, Pol. III, 24, AB, 36410 Torneiros (O Porriño)
Redes sociais:
- Facebook: @aceesca.com
- Instagram: @aceesca_porrino
- LinkedIn: https://www.linkedin.com/company/aceesca-asociaci%C3%B3n