Asociación Amizade

Asociación Amizade

A principal misión da Asociación Amizade é acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. Con isto, a entidade pretende lograr unha sociedade onde calquera persoa poida gozar de todos os seus dereitos, para así facer respectar a súa dignidade e diversidade e favorecer unha contorna social axeitada para un desenvolvemento autónomo e independente.

Persoas destinatarias

Está dirixida a persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra.

Actuacións

  • Sensibilización: charlas en colexios e institutos impartidas por voluntarias e voluntarios da entidade sobre a importancia da seguridade viaria e as consecuencias de comportamentos irresponsables nas estradas. De xeito transversal, elimínanse mitos e estereotipos sobre a discapacidade a través dunha visión realista e normalizadora.
  • Promoción da autonomía persoal: mediante convenios con servizos de fisioterapia, logopedia ou psicoloxía, entre outros.
  • Información e asesoramento: sobre normativa relacionada cos dereitos individuais e colectivos, beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade etc.
  • Ocio e tempo libre: obradoiros orientados a fomentar alternativas de ocio inclusivas e a favorecer as relacións interpersoais (ximnasio adaptado, taekwondo, tenis de mesa etc.).
  • Incidencia política: contacto con diferentes representantes da política e persoal técnico dos concellos da comarca coa finalidade de transmitirlles a nosa visión do que deben ser as políticas públicas municipais.

Datos de contacto

Rúa Alemaña 23, baixos, 36164 Monte Porreiro (Pontevedra).