Asociación Alar Galicia

Obxecto da entidade

Alar Galicia traballa na comunidade galega desde 2001 cos colectivos e as persoas máis desfavorecidas. Actualmente faino en todo o territorio galego cos colectivos prioritarios de mulleres e menores, desde diferentes ámbitos, coma a prevención e a sensibilización de condutas autolíticas e suicidas, a prevención da violencia de xénero e da filioparental ou a atención psicolóxica e a formación a través de itinerarios personalizados orientados ao emprego, entre outros programas.

As persoas e colectivos de todas as actuacións de Alar Galicia reciben a presentación do servizo, maioritariamente de apoio terapéutico, orientación laboral, medición familiar... de maneira gratuíta. Alar Galicia non cobrou nin lles cobrará ás persoas usuarias dos servizos, pertencentes na súa maioría a colectivos en risco de exclusión.

A misión común de todos os proxectos é mellorar o nivel actitudinal, a motivación e a formación persoal e profesional das persoas participantes, incidindo no apoio profesional como base no crecemento persoal.

Principais proxectos

“Programa Atenea: programa de apoio e atención integral a mulleres vítimas de violencia de xénero especialmente vulnerables e a persoas en situación ou risco de exclusión social por diferentes factores: pertencentes a familias monoparentais con fillas e fillos menores ao seu cargo, inmigrantes, persoas con baixa cualificación, con baixos recursos económicos, en situación de desemprego ou cun salario inferior ao mínimo interprofesional, entre outros.

“Programa Oiko´s”: pretende darlles cobertura e apoio social a mulleres en risco de exclusión por diferentes motivos. Para levar a cabo este acompañamento social, desde este proxecto ofrécese apoio social individualizado, así como charlas e obradoiros grupais centrados, entre outras, nas seguintes áreas: facilitación do acceso ás novas tecnoloxías, mellora das habilidades sociais, resolución de conflitos e mediación intrafamiliar, corresponsabilidade nas tarefas do fogar e prevención de novas situacións de risco social.

“Programa Teseo”: é un programa de orientación e intervención psicoterapéutica para a abordaxe de situacións de violencia filoparental. Busca reducir o número de menores que exercen violencia no ámbito familiar aumentando as habilidades parentais e sensibilizando e facilitando a detección dos casos no ámbito escolar.

“Programa Voitheia”: ten como obxectivo reducir a prevalencia das condutas suicidas entre as mozas e os mozos de entre 12 e 30 anos. Lévase a cabo en toda a comunidade galega.

“Programa Morpheo”: o seu obxectivo é previr e concienciar acerca das adicións con ou sen substancia, principalmente entre a poboación adolescente e o seu entorno familiar e educativo.

Datos de contacto

RUEPSS: E-5850

Equipo de Intervención Oeste

  • A Coruña: avenida de Arteixo, 14-1.º esq. 4-A, 15004 A Coruña
  • Santiago: Edificio Cabes, rúa Manuel María, 3.ª andar, despacho 1, 15705 Santiago de Compostela
  • Vigo: avenida de Bos Aires, 14, 36202 Vigo

Equipo de Intervención Leste

  • Lugo: canella da Deputación, s/n, 1.º, 27001 Lugo

Teléfonos:

  • A Coruña: 881 048 920 / 683 605 000
  • Lugo: 982 243 316 / 608 803 171
  • Santiago de Compostela: 675 040 936
  • Teis (Vigo): 683 605 000

Horario de atención

  • Luns:  de 8:30 a 15:00 e de 16:00 a 21:00
  • De martes a venres:  de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a 20:00