Asociación Nós Mesmas

Asociación Nós Mesmas

O obxectivo da Asociación Nós Mesmas é mellorar as condicións de vida das persoas LGTBI+ en todos  os ámbitos, con especial atención a mulleres lesbianas, bisexuais e trans, debido á súa situación de  vulnerabilidade, estigamatización e discriminación, así como fomentar o seu apoderamento social e político mediante a sensibilización, a denuncia, a incidencia política e institucional, a acción educativa, a visibilidade e o desenvolvemento de programas. Esta institución aspira a converterse nunha ferramenta efectiva para xerar un cambio positivo  no colectivo LGTBI+.

Actuacións

  • Servizo de orientación, formación e asesoramento social, laboral e psicolóxico do colectivo LGTBI+
  • Servizo de orientación e apoio á mocidade LGTBI, Mocidade LGTBI+
  • Plan de formación en diversidade afectivo-sexual e de xénero
  • Programa “Bote Solidario”

Outras actuacións da asociación son “Orgullo Crítico LGTBI+”, encontros de socialización, merendas trans, o certame de Curtas Mulleres LBT, actividades polos días internacionais vencellados ao colectivo LGTBI+, Cineforum LGTBI, campañas de sensibilización e denuncia etc.

Contacto

Rúa Conde de Torrecedeira, 26, baixo, 36202 Vigo

Redes sociais: