Amencer-Aspace
- Pontevedra
- 986 864 643
- asociacion@amencer-aspace.org
- amencer-aspace.org/
Amencer-Aspace é una asociación creada en 1991 por familias de persoas con parálise cerebral; foi declarada de utilidade pública por unha orde ministerial de abril de 1997.
Actualmente conta con 185 socias e socios numerarios, familias que teñen unha filla ou un fillo con parálise cerebral ou cunha patoloxía afín. No seu cadro de persoal ten 66 traballadoras e traballadores.
Aos centros de Amencer (Pontevedra e Vilagarcía de Arousa) acoden 118 nenos, nenas, mozas e mozos.
O seu fin social é prestarlles atención de calidade ás persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores afíns e responder ás súas necesidades, apoiándoas e acompañándoas no seu día a día.
A súa visión é ser una entidade de referencia sostible e de calidade con recursos suficientes para cubrir as necesidades das persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores, defender os seus dereitos como cidadás de pleno dereito e prestarlles apoio ás súas familias nas diferentes etapas do ciclo vital.
Centros
- Centro de atención integral Amencer-Aspace Lourizán:
- Colexio de educación especial
- Amencer-Aspace (de 3 a 21 anos)
- Centro de día Amencer-Lourizán
- Centro de rehabilitación externa
- Centro de día para a promoción da autonomía persoal e social
- Amencer-Campolongo
- Centro de atención integral Amencer-Aspace Vilagarcía de Arousa
- Colexio de educación especial Princesa Letizia
- Centro de día e centro para a promoción da autonomía persoal e social Amencer-Vilagarcía de Arousa
- Centro de atención integral Amencer-Aspace Vigo
- Colexio de educación especial (destinado a nenas, nenos, mozas e mozos de 3 a 21 anos con patoloxías neuromotoras)
- Centro de rehabilitación externa (destinado a nenas, nenos, mozas e mozos e persoas adultas a partir de 0 anos con patoloxías de orixe neurolóxica)
- Centro de recursos
Datos de contacto
Avenida das Camelias, s/n, Pontemuíños, Lourizán, 36153 Pontevedra