Amaina, Asociación para la Promoción de la Salud

A asociación Amaina xorde ante a necesidade de sumar esforzos para sensibilizar a sociedade sobre as consecuencias do consumo de drogas e outras adiccións e acerca doutros factores que concorren na saúde física e mental, tanto no ámbito da prevención coma na atención e no asesoramento ás persoas en situación de drogodependencia e outras adiccións, e tamén ás nenas, nenos e adolescentes con problemas de conducta.

Actuacións

  • Servizo de atención, información e asesoramento a persoas con problemas de adicción
  • Atención xurídica a drogodependentes
  • Apoio en xuízos e asesoramento ás persoas detidas
  • Asesoramento xurídico a persoas reclusas
  • Obradoiros de educación para a saúde en centros de ensino
  • Curso de formadora ou formador de persoas mediadoras
  • Obradoiros de educación para a saúde no Centro Penitenciario da Lama e no Centro de Inserción Social de Vigo
  • Obradoiro de charlas xurídicas no Centro Penitenciario da Lama

Datos de contacto

Dirección: rúa Marín, 1. Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia, 36209 Vigo