Aldeas Infantiles SOS Galicia

Aldeas Infantiles SOS Galicia é unha asociación de axuda á infancia de ámbito autonómico galego, cuxo obxectivo primordial é integrar familiar e socialmente as nenas, nenos e familias en situación de risco ou desamparo. Impulsamos a súa autonomía e emancipación en igualdade de dereitos e obrigas que o resto das e dos mozos mediante o desenvolvemento dunha política de programas.
Esta entidade traballa na atención directa a nenas, nenos, mozas, mozos e familias en situación de risco, exclusión ou vulnerabilidade social.
O seu marco de actuación está definido pola Convención sobre os dereitos do neno e as Directrices sobre as modalidades alternativas de coidados dos nenos.
Actuacións
A través de programas de prevención fortalecemos as redes familiares, sociais e comunitarias da infancia en risco co fin de evitar a separación de nais, pais, fillas e fillos. Cando esta é inevitable, garantimos un coidado alternativo de calidade mediante programas de protección. Cando as nenas e nenos chegan á maioría de idade, acompañámolos e seguimos ao seu lado e preparámolos para a vida independente desde o programa para mozas e mozos.

  • Programas de protección
    • Aldea Infantil SOS e casas de familia
      Ofrecen unha contorna familiar protectora a nenas, nenos, mozas e mozos de diferentes idades, principalmente grupos de irmás e irmáns que, por distintos motivos, non poden vivir coa súa familia e residen nun fogar SOS con educadoras e educadores de apoio que lles ofrecen a atención, os coidados e o afecto necesarios para o seu desenvolvemento integral.
    • Acollemento en familia
      Extensa. As técnicas e técnicos do programa traballan coa familia de orixe e coa de acollida como pezas fundamentais para o axeitado desenvolvemento da nena ou do neno acollido. Profesionalizada. Buscamos unha contorna familiar protectora nunha familia allea e con apoio organizativo para a nena ou o neno, onde se lle queira e respecte, e poida establecer vínculos afectivos seguros e contar con redes de apoio familiares e sociais.
  • Programas de prevención
    • Centros de atención de día
      Ofrecen unha adecuada intervención socioeducativa e integral ao promover estratexias melloran o seu benestar persoal, familiar e social dentro do seu ámbito familiar.
      • Fortalecemento familiar
        Trabállase directamente coas familias para fortalecer e apoderar o sistema familiar co desenvolvemento das competencias e habilidades parentais e coa promoción do bo trato á infancia.
      • Programa especializado de intervención familiar
        Intervencións dirixidas a promover e desenvolver as habilidades e as competencias básicas dentro do exercicio dunha parentalidade positiva.
  • Programa para a mocidade
    • Proxectos de tránsito, autonomía, emancipación e servizo de emprego
      Danlles resposta ás necesidades individuais das mozas e mozos cos que traballan, apoian o seu desenvolvemento cara á vida adulta para que poidan vivir de xeito autónomo, e favorecen a súa integración social e laboral ata acadar a súa emancipación.

Centros

  • Programas de protección
    • Aldea Infantil SOS Redondela
      • Rúa Aldeas Infantiles, 13, 36818 San Martiño de Ventosela (Redondela)
    • Casas de familia
      • Casa A: rúa Esperanto, 17, 36204 Vigo
      • Casa B: rúa Esperanto, 17, 36204 Vigo
    • Programa de apoio ao acollemento en familia extensa
      • Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
      • Avenida Primo de Rivera, 7, 1.º dereita, 15006 A Coruña
      • Rúa Varsovia, 4C, 2.º, 15707 Santiago de Compostela
      • Rúa Ramón Cabanillas, 8, entreplanta local 2, 32004 Ourense
    • Programa de apoio ao acollemento en familia allea profesionalizada
      • Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
  • Programa para a mocidade
    • Proxectos de tránsito, autonomía, emancipación e servizo de emprego
      • Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
  • Programas de prevención
    • Centro de día de Redondela
      • Rúa Aldeas Infantiles, 12, 36818 San Martiño de Ventosela (Redondela)
    • Centro de día de Aragón
      • Rúa Aragón, 101, 36206 Pontevedra
    • Centro de día de Esperanto
      • Rúa Esperanto, 1, 36204 Pontevedra
    • Centro de día de Ponteareas
      • Rúa Perillana, 6, 36860 Ponteareas
  • Programa de familias
    • Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
  • Programa especializado de intervención familiar
    • Rúa Manuel Núñez, 4, 4.º, 36203 Vigo

Datos de contacto

ALDEAS INFANTILES SOS GALICIA

Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo