Albergue Dignidad
- Vigo
- 674 386 369 e 886 130 374
- alberguedignidad@gmail.com
- dignidadgalicia.org/
Albergue Dignidad é un programa que desenvolve a Asociación Dignidad Galicia en Vigo e que se configura como un centro de inclusión e emerxencia social para persoas en situación ou en risco de exclusión social severa, especialmente centrado no colectivo de persoas sen fogar.
Desde o centro lévanse a cabo diferentes proxectos:
- Albergue: o centro conta con 17 prazas de aloxamento temporal destinadas a persoas que carecen dun fogar de forma permanente ou eventual. Os servizos que se prestan son: acollida e atención social, pernoctación, manutención, consigna, duchas, lavandería, roupeiro de emerxencia, chamadas telefónicas, dirección postal e empadroamento.
- Proxecto de itinerarios de inclusión social: desde o centro desenvólvense diferentes programas de inclusión social, segundo as necesidades e demandas das e dos usuarios, a través de itinerarios personalizados.
No marco deste proxecto desenvólvense accións grupais (obradoiros e cursos, entre outras) e ofrécese atención individualizada para acadar os obxectivos propostos.
Datos de contacto
Enderezo: rúa Toledo, 9, baixo (barrio do Calvario), 36205 Vigo