Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Galicia

Afaga Alzheimer
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Galicia

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Galicia  (Afaga Alzheimer) é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1994 logo da mobilización espontánea da contorna familiar de doentes de alzhéimer, a raíz da desorientación e da falta de información que existía naquel momento respecto desta enfermidade.

Entre os seus fins máis destacados están ofrecerlles atención, orientación, formación e información a persoas con alzhéimer ou con outras demencias, aos seus familiares, a profesionais e á poboación en xeral, así como achegarlles a realidade do alzhéimer ás entidades públicas e privadas para conseguir unha resposta ampla e eficaz ás demandas deste colectivo e estimular e colaborar nas investigacións que se realicen sobre esta enfermidade.

Misión

Defender os dereitos das persoas con alzhéimer ou con outras demencias neurodexenerativas e dos seus familiares, prestando servizos especializados e de prevención, así como desenvolvendo actividades de sensibilización social.

Visión

Ser unha entidade profesionalizada e independente que pretende ser un referente autonómico pola súa especialización, innovación e investigación.

Poboación destinataria

Persoas con alzhéimer e con outras demencias, as súas familias, profesionais do sector, persoas maiores sen deterioración cognitiva e toda a poboación en xeral.

Actuacións

  • Programa de acollida
  • Programa de atención social
  • Programa de atención psicolóxica
  • Programa de formación
  • Servizo de asesoría xurídica
  • Asesoramento en produtos de apoio
  • Programa de voluntariado
  • Servizo de axuda a domicilio
  • Servizo de fisioterapia a domicilio
  • Programas de estimulación cognitiva e funcional
  • Obradoiro de novas tecnoloxías
  • Programa de prevención da deterioración cognitiva "Cultiva a mente"
  • Centro de día especializado en alzhéimer Vigo Beiramar
  • Unidade de atención diúrna especializada en alzhéimer e noutras demencias no Porriño
  • Comunicación e programa de sensibilización social
  • Proxectos de investigación

Datos de contacto

Avenida Martínez Garrido, 21 interior, 36205 Vigo