#Deporte
DEPOcomparte
Préstamo de material para eventos deportivos
“DEPOcomparte” é un programa destinado a concellos e clubs deportivos para o préstamo de material para eventos deportivos totalmente gratuíto. Nace coa filosofía de compartir todos os servizos da Deputación coa cidadanía
En concreto, a institución provincial porá á súa disposición o seguinte material para actos deportivos:
Condicións para o préstamo
A Deputación de Pontevedra facilitará o material deportivo incluído no programa “DEPOcomparte” en condicións idóneas para o seu uso e, no momento da súa retirada, asesoraráselles aos solicitantes para utilizalo.
O servizo de préstamo “DEPOcomparte” é de carácter gratuíto; non obstante, os solicitantes faranse cargo dos gastos derivados do transporte e do persoal necesario para a recollida, a instalación, a retirada e o retorno do material.
Non se aceptarán as solicitudes realizadas con máis de dous meses de antelación respecto á data de desenvolvemento da actividade.
As entidades locais ou os clubs deportivos beneficiarios asumen os seguintes compromisos:
- Devolver o material prestado no mesmo estado no que se lles entregou, sempre dentro do prazo previsto no momento da reserva.
- Asumir, en todo caso, os gastos de reparación cando se produza unha deterioración grave deste.
- Responsabilizarse da instalación do material e dos danos sobre terceiras persoas que esta poida ocasionar.
O material solicitarase a través da web da Deputación cubrindo o formulario de solicitude. Esta será recibida polo persoal encargado da xestión dos materiais para eventos deportivos, que responderá, se é o caso, afirmativamente e indicará a data e o horario para recoller o material e para devolvelo.
Non recoller e/ou non entregar o material na data e na hora establecidas pola Deputación de Pontevedra unha vez concedido o préstamo implicará a aplicación de penalizacións en futuras reservas.