Contratación, Facenda e Patrimonio

Desde o Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra concértanse, tramítanse e xestiónanse todos os contratos que subscribe a institución provincial con entidades públicas e privadas, necesarios tanto para a súa xestión interna coma para a prestación dunha asistencia xurídica e técnica ós municipios da provincia de Pontevedra, especialmente ós de menor capacidade económica. Por outra banda, desde este servizo tamén se leva a cabo a contratación relacionada cos proxectos integrais que teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia.

Actualmente atopámonos ante o comezo dunha nova etapa na xestión administrativa, orientada a lograr a plena inserción dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos no ámbito da contratación pública, co fin de facer máis fluídas e transparentes as relacións entre os órganos de contratación e os operadores económicos.

A Deputación, co proxecto eDepo, ten a clara determinación de afrontar ese reto, coa transición a un sistema de contratación plenamente electrónico nos próximos anos.

Funcións en contratación
  • Asesoramento á Corporación provincial en materia de contratación administrativa.
  • Asistencia, cooperación xurídica e técnica ós municipios da provincia de Pontevedra en materia de contratación.
  • Xestión integral de proxectos orientados ó desenvolvemento económico e social da provincia.
  • Redacción e xestión de convenios de colaboración con entes, organismos e entidades para desenvolver actuacións no ámbito do desenvolvemento económico e social da provincia de Pontevedra.
  • Colaboración cos restantes servizos da Deputación para resolver os seus problemas de contratación e de xestión patrimonial e canalizar a formulación e a preparación das actuacións, de cara á súa adecuada execución.
  • Tramitación de expedientes e realización das actuacións complementarias que se precisen, relativas á contratación.
  • Coordinación e secretaría das mesas de contratación provinciais, cos seus actos accesorios e complementarios.
  • Actuación como oficina auxiliar da mesa de contratación.
  • Estudo, planificación e desenvolvemento de actuacións para o establecemento de metodoloxías que permitan unha xestión máis eficaz e eficiente dos contratos públicos, así como a interacción cos licitadores/provedores.
Funcións en xestión patrimonial
  • Xestión do Inventario de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra, de acordo cos diferentes epígrafes establecidos no R. d. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais:
    • Inmobles
    • Dereitos reais
    • Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico
    • Valores mobiliarios, créditos e dereitos
    • Vehículos
    • Semoventes
    • Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados
    • Bens e dereitos revertibles
  • Tramitación de expedientes relacionados co patrimonio inmobiliario: adquisición, disposición, destino, utilización, alleamento, permuta de bens e cesión de bens a outras administracións públicas.
  • Tramitación de escrituras, actas de cesión e outros instrumentos públicos: preparación, comprobación e execución.
  • Tramitación de expedientes de cesión de terreos destinados a viario ou outros espazos públicos: preparación, comprobación, formalización e execución.
  • Tramitación de expedientes de inmatriculación, segregación, agrupación e declaración de obra nova de bens inmobles de titularidade provincial.
  • Tramitación e xestión de impostos relacionados co patrimonio (imposto de bens inmobles, imposto de vehículos de tracción mecánica, etc).
  • Tramitación e xestión de seguros relacionados co patrimonio (seguros de edificios, vehículos, obras de arte, etc).
  • Xestión da frota de vehículos e maquinaria da Deputación de Pontevedra.
  • Asesoramento á Corporación provincial e asistencia técnica a pequenos municipios en materia de xestión do patrimonio das entidades locais.

Se desexan ser atendidos persoalmente polos servizos técnicos, e co fin de prestar unha atención eficaz e evitar esperas innecesarias, deben solicitar cita previa a través do correo electrónico contratacion@depo.es, indicando no asunto "solicitude de cita" e unha breve explicación da consulta que se vai realizar. Unha vez que os servizos técnicos reciban e analicen a solicitude enviarase unha resposta por ese mesmo medio cunha indicación da data e a hora da cita.

información

  • Pazo provincial
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • contratacion@depo.es