#CULTURA
“Cines de Pontevedra. Memorias dunha ilusión”
Sala Rosalía de Castro. Sede de Vigo
Do 2 de decembro de 2024 ao 10 de xaneiro de 2025
Inauguración: luns, 2 de decembro, ás 19:30 horas
Horario de visita: de luns a venres, de 9:00 a 20:30 h (agás festivos e 24 e 31 de decembro)
Diante do esmagador dominio que teñen hoxe os complexos multisala nos centros comerciais, pódese considerar que a etapa dos vellos cines, aqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia, pertence xa, salvo contadas excepcións, ao pasado.
Esta exposición recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine, desde os espazos e arquitecturas que foron acollendo o espectáculo ao conxunto de actividades, prácticas sociais e relacións artelladas nos tempos en que o cine era a principal forma de ocio, e tamén a máis barata.
Ademais dos restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cine subsisten na memoria e nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos, cando os soños do celuloide servían de refuxio e animaban as tristuras da vida cotiá.
- Comisariado e textos: Jesús Ángel Sánchez García
- Fotografías: Xosé Castro
Logo da súa inauguración no Pazo provincial da Deputación de Pontevedra, esta mostra percorrerá os concellos da provincia.
O proxecto completouse cunha parte de memorias e vivencias persoais en colaboración cos concellos e centros de persoas maiores da provincia de Pontevedra, que participaron cubrindo máis de 500 enquisas e mantendo conversas sobre os seus recordos do cine. Froito dese traballo, realizáronse unhas gravacións durante o verán de 2022.
Comparte as túas memorias do cine e envíanolas a cultura@depo.gal
Agradecementos
Arquivo Fotográfico Pacheco. Concello de Vigo
CGAI. Centro Galego de Artes da Imaxe
Diario de Pontevedra
Faro de Vigo
Fundación Barrié
Museo de Pontevedra. Fondos do Arquivo Gráfico e Documental
Dunia Álvarez Prieto
Juan Bautista Alverte
Rocío Barreiro Rodríguez
Perfecto Carballo González
Santiago Díaz García
Eduardo Fraga
José Ramón Iglesias Veiga
José Antonio Martín Curty
Francisco Meis Durán
Ramón Rozas
Ramón Pedras
Ana María Salgueiro Martínez
Fernanda Salgueiro Martínez
Martín Tenreiro
Keta Vieitez
Centro de Día, Concello de Mondariz
Concelleira de Ensino e Servizos Sociais, Concello das Neves
Concellería de Cultura, Concello da Guarda
Concellería da Terceira Idade, Concello de Nigrán
Concello de Caldas de Reis
Concello de O Grove
Concello de Lalín
Concello de Moaña
Concello de Mondariz
Concello de Mondariz Balneario
Concello de Poio
Concello de Ponteareas
Concello de Redondela
Concello de Tui
Concello de Vigo