#DEREITOSDIXITAIS
Coñece a nova Carta de Dereitos Dixitais
Dirixida a cidadanía e as empresas da provincia de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra divulga entre a cidadanía e as empresas da provincia de Pontevedra a Carta de Dereitos Dixitais, elaborada por un grupo de persoas expertas convocadas pola Vicepresidencia do Goberno de España do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Esta carta é un marco de referencia para que as administracións públicas, as empresas e a sociedade aproveiten as potencialidades e oportunidades que ofrece o contorno dixital controlando os riscos.
Pretende ser unha guía de boas prácticas para actuar nos novos escenarios, contextos e conflitos que deben resolverse mediante a adaptación dos dereitos e a interpretación sistemática do ordenamento en prol da protección dos valores e bens constitucionais e da seguridade xurídica da cidadanía, operadores económicos e administracións públicas nos seus respectivos ámbitos competenciais.
A partir deste momento este documento estará dispoñible na web da Deputación para que tanto a cidadanía coma os concellos poidan consultala e usala como ferramenta de traballo.