#AXENDA2030
Obxectivo 8
Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todas as persoas
Este obxectivo trata de garantir o dereito de toda a cidadanía da Unión para compartir o progreso. Reducir a taxa de desemprego, mellorar as condicións laborais e aumentar a produtividade laboral son compoñentes esenciais dun crecemento económico inclusivo. Non se pode concibir unha mellora nas condicións de vida das persoas sen abordar o crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, e tampouco sen un emprego produtivo e en condicións dignas.
Para conseguir o desenvolvemento económico sostible as sociedades deberán crear as condicións necesarias para que as persoas accedan a empregos de calidade, estimulando a economía sen danar o medio ambiente. Tamén terá que haber oportunidades laborais para toda a poboación en idade de traballar e condicións de traballo decentes.