#AXENDA2030
Obxectivo 7
Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna para todas as persoas
A enerxía é fundamental para case todos os grandes desafíos e oportunidades aos que teremos que lles facer fronte no futuro, xa sexa para o emprego, a seguridade, o cambio climático, a produción de alimentos ou para aumentar os ingresos. O acceso universal á enerxía é esencial.
A alerta climática exposta pola comunidade científica fixo que, no horizonte 2020-2050, as emisións de CO2 se constitúan coma o principal vector de transformación do sector da enerxía. Nacións Unidas quere garantir o acceso universal a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna para axudar a combater o cambio climático e os seus efectos.
Neste obxectivo englóbanse as medidas enfocadas á mellora da protección contra a contaminación acústica, luminosa e atmosférica en zonas urbanas. As accións levadas a cabo neste campo están claramente orientadas á mellora da eficiencia enerxética.