#AXENDA2030

Obxectivo 5

Lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e nenas

A Axenda 2030 busca conseguir a igualdade real de mulleres e homes, principio xurídico universal recoñecido en diversos textos internacionais sobre dereitos humanos. A igualdade entre mulleres e homes constitúe un valor europeo fundamental recollido no Tratado da UE, no seu Tratado de Funcionamento e na Carta dos Dereitos Fundamentais.


Tómase conciencia da urxente necesidade de aplicar medidas que tendan a corrixir a brecha salarial existente, a maior precarización das mulleres no mundo laboral e a persistente fenda dixital, ademais de promover a incorporación de mulleres ao estudo de ciencias, tecnoloxía, enxeñerías e matemáticas (STEM), que son as disciplinas que constitúen os empregos do futuro e a forza motriz da innovación, do benestar social, do crecemento inclusivo e do desenvolvemento sostible.

Ligazóns de interese