#AXENDA2030

Obxectivo 4

Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todas as persoas

Considérase de capital importancia aumentar os esforzos encamiñados a reforzar a función que desempeña a educación na plena realización dos dereitos humanos, a paz, o exercicio responsable da cidadanía local e mundial, a igualdade de xénero, o desenvolvemento sostible e a saúde. Trátase de promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todas as persoas.


Nacións Unidas é consciente de que as nenas e nenos con discapacidade requiren e necesitan un apoio técnico, material e humano garantido que sexa efectivo. Outro dos retos que ve necesario abordar é reducir a fenda de xénero que persiste no ámbito universitario nas disciplinas STEM a través da información, precisa e oportuna, nos niveis de educación non universitaria.

É vital preparar as novas xeracións para vivir nun mundo máis complexo e interconectado, dotando o alumnado de ferramentas para comprender mellor o seu contorno, de competencias socio-afectivas para manexarse nel e de capacidade crítica, de maneira que se fomenten valores de dignidade humana, igualdade, xustiza, solidariedade e participación, que están na base dunha convivencia democrática pacífica.

Ligazóns de interese