#AXENDA2030

Obxectivo 3

Garantir unha vida sa e promover o benestar de toda a poboación a todas as idades

A boa saúde é esencial para o desenvolvemento sostible, e a Axenda 2030 reflicte a complexidade e a interconexión entre os seus 17 obxectivos. Toma en conta a ampliación das desigualdades económicas e sociais, a rápida urbanización, as ameazas para o clima e o medio ambiente, a loita continua contra o VIH e outras enfermidades infecciosas e os novos problemas de saúde, como as enfermidades non transmisibles.


As administracións públicas comprométense a actuar na prevención e tamén na promoción da saúde individual e colectiva en contornos o máis saudables posible. Manter o carácter universal, público e gratuíto do sistema sanitario, así como garantir a súa sostibilidade, é un dos obxectivos que se fixou o Goberno de España. É o momento, ademais, de integrar as políticas de I+D+I como elementos fundamentais de apoio para a definición, o desenvolvemento e a aplicación das políticas sanitarias e sociais.

Ligazóns de interese