#AXENDA2030

Obxectivo 16

Paz, xustiza e institucións sociais

O ODS 16 busca conseguir a xustiza e o seu corolario, a paz, así como facilitar o dereito fundamental de acceso á xustiza para os máis desfavorecidos, reforzar a loita contra o narcotráfico, a corrupción e a delincuencia organizada transnacional e aplicar as novas tecnoloxías á Administración de xustiza de forma que esta sexa máis rápida, áxil e eficaz e cumpra, polo tanto, co seu dobre labor de castigar a persoa culpable e contribuír a reparar o dano causado sen demoras. Os retos actuais expostos pola pobreza, a fame, a diminución dos recursos naturais, a escaseza de auga, a desigualdade social, a degradación ambiental, as enfermidades, a corrupción, o racismo e a xenofobia, entre outros factores, supoñen un desafío para a paz e xeran un terreo fértil para o xurdimento de conflitos.


O desenvolvemento sostible contribúe de maneira decisiva a disipar e eliminar estas causas de conflito, ademais de sentar as bases para unha paz duradeira.

Ligazóns de interese