#AXENDA2030

Obxectivo 12

Garantir modalidades de consumo e produción sostibles

A cadea que vai desde quen produce ata a usuaria ou usuario final é o centro das accións deste obxectivo, que opera de forma transversal en múltiples campos. É imprescindible facer un uso eficiente dos recursos naturais e promover un modelo produtivo encamiñado á sostibilidade.


Reducir a xeración de residuos durante todo o proceso desde o cultivo, extracción ou fabricación é un punto fundamental neste apartado. A oferta e a demanda deben orientarse progresivamente cara aos bens de consumo de menor impacto, e as empresas deben seguir un modelo sostible que teña en conta o impacto sobre o medio ambiente.

O obxectivo 12 tamén fai fincapé nos hábitos nos fogares, reforzando a responsabilidade de realizar un consumo adecuado dos alimentos que reduza na medida do posible os desperdicios, que camiñe cara a xestión eficiente dos residuos domésticos e o uso responsable da enerxía. 

Ligazóns de interese