#AXENDA2030
Obxectivo 11
Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sostibles
Os movementos do rural ás cidades e o rápido crecemento de moitas destas últimas xeran situacións de grave risco para a sostibilidade. A realidade urbana é complexa e os problemas que se proxectan ao medio ambiente están relacionados con diversos factores, desde a planificación de infraestruturas e edificacións ata a recollida de residuos sólidos ou o transporte público e privado.
A Axenda 2030 propón camiñar cara a cidades amables, ben planificadas e eficientes desde o punto de vista dos servizos básicos. Urbes inclusivas, seguras, resilientes e sostibles, con zonas verdes, espazos públicos e equipamentos adecuados, servizos eficaces e políticas que melloren a xestión dos refugallos e a calidade do aire. É preciso, ademais, redobrar esforzos para protexer e salvagardar o seu patrimonio cultural e natural.