Luisa Sánchez confirma que a Copa arrancará o 1 de novembro e que a gran final será o 17 de maio
“A Deputación e a Federación unimos as nosas forzas para garantir a supervivencia dunha competición que era unha insignia na provincia e merecía unha continuidade” asegurou a vicepresidenta provincial quen confirmou que da zona norte da provincia participarán na Copa Deputación un total de 70 equipos
15/10/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo no sorteo da fase norte da Copa Deputación de fútbol, un acto no que tamén estiveron presentes representantes de todos os clubs da zona. “A Deputación e a Federación unimos as nosas forzas para garantir a supervivencia dunha competición que era unha insignia na provincia e merecía unha continuidade”, asegurou a vicepresidenta provincial quen confirmou que a Copa Deputación arrancará o 1 de novembro, que a gran final será o 17 de maio, e que participarán na proba un total de 70 equipos do norte da provincia de Pontevedra.
Fase previa da zona norte
Neste mes de outubro estase a desenvolver unha fase previa, na que están a competir o CD Berres contra o Lamela CF (1), o Sport Team A Estrada contra o CF Silleda (2), o Vilatuxe FC contra o Rodeiro CF (3), o CD Cesantes contra o SD Chispa (4), a SCED Poio contra o Cerponzóns CF (5) e a SCD Salcedo contra Unión Pontesampaio (6). O 1 de novembro comezará a disputarse a Copa Deputación con encontros entre o USD do Grove e o CD Mosteiro; o gañador da fase previa 1 contra o Vea CF; SD Bandeira contra SD Cruces; CD Campañó e CD Beluso; EFB Terra de Montes e SD Romai; A Lama SD e CD Soutomaior; Barro CF e Zacande FC; o gañador da fase previa 2 contra o Lalín; Anduriña SD contra CD Bamio; Moraña CF contra CD Arcade; SD Pontearnelas e AT. Cuntis; Dorrón CF e Portonovo SD; Rápido Bahía contra CD Ribadumia; o gañador da fase previa 3 contra o SD Agolada; o CFB Poio e SD Santomé; o CD Xil contra o Pontevedra B; o SD Amencer e o Marín CF; o Catoira SD contra Unión Dena; o gañador da fase previa 4 contra o Vilagarcía SD; o CD Portas contra Juv. Cambados; Suuuuuu FC contra Figueirido CF; o Xuv. Sisán CF contra Domaio FC; o gañador da fase previa 5 contra o CED Cotobade, SP Libertad e Céltiga FC; Xuv. Sanxenxo contra UDSM Deiro; Monteporreiro e Marcón AT; o gañador da fase previa 6 contra o CD Bueu; At. Faxilde contra Caldas FC; Noalla SD contra UDC Vilaboa; At. Combarro contra Campolameiro; Cruceiro FC contra Cordeiro CF, e Pontecaldelas contra o Umia CF.
Fase previa da zona sur
A Copa Deputación de Pontevedra en Vigo e no sur da provincia arrancará o 1 de novembro con partidos entre o Rac. Vilariño e Balaídos CF; Covelo e Progresista; San Miguel CF e ED. Val Miñor; Lavadores e Gondomar CF; Oiense CF e CD Pontellas; San Salvador e At. Huracán; Colegio Hogar e Porriño Ind.; CD Coia e UD Atios; Salvaterra SD e Alertanavia; CF San Esteban e Caldelas CD; Mondariz e Goián CF; Xinzo CF e Vila de Corpus; Guillarei e Moledo CF; Celta Academy e Vincios; Chapela CF e Nieves CF; Alerta Sang. E SP Guardés; At. Villar e Chaín; Caselas CF e Tebra FC; Desc. Sampayo e Santa Mariña; CD Nieto e CF Cañiza, Candeán e Rac. Castrelos; Louro TAmeiga e Rap. Bouzas; UD Ribeira e Gondomar FB; UD Nespereira e UD Mos; SR Casablanca e La Guía; Arbo CF e Tomiño FC; Crecentense e Club Peñasco; e Ribadelouro e CD Teis
As probas seguintes, entre os gañadores, terán lugar o 6 de decembro, o 4 de xaneiro e o 4 de marzo. Os cuartos de final disputaranse o 17 de abril, a semifinal o 1 de maio e a final da Copa Deputación de Fútbol da zona norte terá lugar o 17 de maio.
Luisa Sánchez lembrou que o pasado ano participaron en total na Copa Deputación 135 equipos de 47 concellos da provincia. Tamén aproveitou a ocasión para remarcar o “xiro absoluto” das políticas de deporte da Deputación co goberno actual, como os “900.000 euros que recibirán 80 clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal”, os “500.000 euros na liña de axudas á celebración de competicións ou eventos” ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que “pasa dos 4 millóns na súa primeira edición aos 8 millóns en 2025”. Todo isto, asegurou, “porque os clubs e deportistas desta provincia están nun momento excepcional, acumulando triunfos e situándonos no mapa, e tiñamos que estar á altura para fomentar que Pontevedra se converta no grande estadio deportivo do mundo”.