A Deputación presentará novas propostas ao Concello de Bueu para recoller as demandas da veciñanza na remodelación da EP-1302 Beluso-Cabo Udra
24/09/2024
A Deputación presentará novas propostas ao Concello de Bueu para recoller as demandas da veciñanza na remodelación da EP-1302 Beluso-Cabo Udra. Así o acordou esta mañá a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, tras reunirse co alcalde de Bueu, Félix Juncal, no Edificio Administrativo da Deputación para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso polo concello.
Segundo informou a deputada, o alcalde de Bueu está de acordo en modificar completamente o proxecto que estaba xa redactado para a estrada provincial polo anterior goberno, co obxectivo de incluír os requirimentos da veciñanza. En concreto Couselo referiuse á posta en marcha dunha senda peonil e á posibilidade de trasladar o cruceiro que se atopa na vía, dúas demandas da cidadanía de Bueu que non garantía o proxecto existente. “O noso obxectivo –asegurou a deputada provincial- é garantir a seguridade peonil na estrada provincial que une Beluso e Cabro Udra e construír espazos públicos para as persoas, algo que non estaba contemplado nin asegurado co proxecto redactado polo anterior goberno”.