A Deputación participa no acto de recepción do novo videomarcador do campo de fútbol da Lomba, en Vilagarcía

02/12/2024

recepción do novo videomarcador do campo de fútbol da Lomba

O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, asistiu hoxe no campo de fútbol da Lomba, en Vilagarcía de Arousa, ao acto de recepción da nova pantalla LED videomarcador, financiada cunha achega provincial de preto de 22.000 euros a través do primeiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

O obxectivo é continuar adaptando as instalacións da Lomba aos estándares esixidos para a celebración de partidos na categoría de segunda RFEF, despois de que o Concello efectuase unha renovación das súas luminarias. O videomarcador, cun tamaño mínimo de 13 m2, incluirá unha pantalla LED de última xeración que poderá ser usada en espazos deportivos tanto exteriores como interiores. Ademais, a pantalla terá a dobre función de servir tanto de marcador deportivo como de soporte audiovisual informativo ou publicitario