A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega dos premios do Desafío Boot Camp 2024

06/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na Praia de Samil no acto de entrega dos premios do Desafío Boot Camp 2024 que este ano celebra a súa décima edición. A proba, de 6,5 quilómetros, está patrocinada pola institución provincial na súa liña de converter á provincia “nun gran estadio deportivo”, tal e como asegurou a vicepresidenta. “Esta é a provincia do deporte. Contamos con infraestruturas deportivas de calidade, con entidades, clubs e deportistas que nos están a referenciar polo mundo adiante e capacidade organizativa para captar probas deportivas de primeiro nivel” subliñou Sánchez quen amosou o compromiso da Deputación por “traballar nesta liña, pois sabemos que o deporte ten unha incidencia moi estreita no desenvolvemento económico da provincia”.