A Deputación destina 1,5 millóns de euros a políticas sociais para os concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna de Vigo e do sur da provincia

Os recursos enmárcanse no Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais e nas Axudas básicas de emerxencia que acaba de aprobar a Xunta de Goberno da institución provincial

13/01/2024

Os concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna de Vigo e do sur da provincia recibirán ata 1,5 millóns de euros para facerlle fronte a políticas sociais. Estes recursos enmárcanse no Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais e nas Axudas básicas de emerxencia para 2024 que acaba de aprobar a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra e que contan cun orzamento global de 3,7 millóns de euros.

En concreto, no relativo á primeira convocatoria, centrada nos servizos sociais comunitarios, a Deputación pon á disposición destes concellos algo máis de 1,2 millóns de euros. Destes recursos, 460.000 euros estarán destinados a sufragar a prestación directa do servizo de axuda no fogar (SAF), mediante o cal que atende persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato, e 770.000 euros a cubrir os custos do persoal dos servizos comunitarios. En concreto, A Cañiza poderá recibir ata un máximo de 65.140 euros; A Guarda, 74.581 euros; Arbo, 32.759 euros; As Neves, 44.090 euros; Baiona, 66.329 euros; Covelo, 41.854 euros; Crecente, 43.261 euros; Fornelos de Montes, 33.753 euros; Gondomar, 71.597 euros; Mondariz, 70.150 euros; Mondariz-Balneario, 23.964 euros; Mos, 102.713 euros; Nigrán, 102.423 euros; O Rosal, 41.219 euros; Oia, 32.898 euros; Pazos de Borbén, 31.451 euros; Salceda de Caselas, 77.630 euros; Salvaterra de Miño, 64.258 euros; Soutomaior, 37.980 euros; Tomiño, 73.757 euros; e Tui, 101.209 euros.

No que respecta á segunda liña de subvencións aprobada, as Axudas básicas de emerxencia (ABE), o Goberno provincial pon á disposición dos concellos da contorna de Vigo e do sur da provincia 256.000 euros para que poidan atender as demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo. Neste caso, A Cañiza poderá beneficiarse de ata 13.800 euros; A Guarda, 13.300 euros; Arbo, 11.800 euros; As Neves, 10.800 euros; Baiona, 12.800 euros; Covelo, 12.300 euros; Crecente, 12.300 euros; Fornelos de Montes, 12.300 euros; Gondomar, 12.800 euros; Mondariz, 10.800 euros; Mondariz-Balneario, 9.300 euros; Mos, 13.800 euros; Nigrán, 13.800 euros; O Rosal, 11.800 euros; Oia, 9.300 euros; Pazos de Borbén, 10.800 euros; Salceda de Caselas, 11.800 euros; Salvaterra de Miño, 13.300; Soutomaior, 11.800; Tomiño, 13.300 euros; e Tui, 14.050 euros.

As ABE destinaranse a alimentación, vivenda, subministracións básicas, produtos e servizos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos básicos, pagamento de desprazamentos, pagamento da reparación e mantemento de vehículos, pagamento de lentes, lentes de contacto e audiófonos, pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio, atencións de carácter complementario e axudas para adquisición de roupa e calzado, de estudo e de apoio á infancia.