O “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” destina recursos a construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos

Catro millóns de euros para todos os concellos agás Pontevedra e Vigo

26/12/2023

As bases do “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” contemplan que os concellos terán tres meses desde a publicación da convocatoria para presentar os proxectos de orzamentos destas actuacións deportivas, que deberán ser superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.

O “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” ascende a 4 millóns de euros aos que poden optar todos os concellos da provincia agás Pontevedra e Vigo, que se rexen por convenios específicos. As bases do plan, que veñen de ser publicadas o pasado 22 de decembro no Boletín Oficial da Provincia, establecen que os recursos serán distribuídos nunha parte fixa a repartir entre os concellos (1,2 millóns de euros) e noutra variable en función da poboación (2,8 millóns de euros).

Deza

A Deputación de Pontevedra destinará preto de 475.000 € do “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” a Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Con este novo programa estes concellos, cuxa poboación conxunta ascende a máis de 63.000 habitantes, poderán destinar recursos a construír e mellorar instalacións deportivas, adquirir terreos para uso deportivo ou mercar equipamentos ou material.

Deste xeito, o concello de Agolada pode beneficiarse de preto de 31.500 euros, Dozón de preto de 25.500 euros, A Estrada de preto de 119.500 euros, Forcarei de máis de 36.000 euros, Lalín de preto de 120.000 euros, Rodeiro de preto de 32.000 euros, Silleda de máis de 64.000 euros e Vila de Cruces de máis de 45.000 euros para construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; modernizar, remodelar ou mellorar as instalacións deportivas; dotar de equipamentos ou material deportivo estas instalacións; ou adquirir terreos destinados a uso deportivo.

Vigo e sur da provincia

A Deputación de Pontevedra destinará máis de 1,6 millóns de euros do “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” a Arbo, Baiona, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mondariz-Balneario, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño e Tui. Con este novo programa estes concellos, cuxa poboación conxunta ascende a máis de 236.000 habitantes, poderán destinar recursos a construír e mellorar instalacións deportivas, adquirir terreos para uso deportivo ou mercar equipamentos ou material.

O concello de Arbo pode beneficiarse de máis de 33.000 euros, Baiona de máis de 81.000 euros, A Cañiza de 45.500 euros, Covelo de 32.500€ euros, Crecente de preto de 30.000 euros, Fornelos de Montes de máis de 28.000 euros, Gondomar de máis de 94.000 euros, A Guarda de preto de 70.000 euros, Mondariz-Balneario de preto de 24.000 euros, Mondariz de máis de 42.000 euros, Mos de máis de 95.000 euros, As Neves de preto de 39.000 euros, Nigrán de máis de 109.000 euros, Oia de 35.500 euros, Pazos de Borbén de 35.000 euros, Ponteareas de preto de 134.000 euros, O Porriño de preto de 121.000 euros, Redondela de preto de 164.000 euros, O Rosal de máis de 52.000 euros, Salceda de Caselas de máis de 66.000 euros, Salvaterra de Miño de 70.000 euros, Soutomaior de 57.500 euros, Tomiño de máis de 88.000 euros e Tui de máis 106.000 euros.

Pontevedra e contorna

A Deputación de Pontevedra destinará preto de 785.000 euros do “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” a Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo e Vilaboa. Con este novo programa estes concellos, cuxa poboación conxunta ascende a preto de 88.000 habitantes, poderán destinar recursos a construír e mellorar instalacións deportivas, adquirir terreos para uso deportivo ou mercar equipamentos ou material.

O concello de Barro pode beneficiarse de máis de 38.000 euros, Caldas de Reis de máis de 68.000 euros, Campo Lameiro de preto de 29.000 euros, Cerdedo-Cotobade de máis de 48.000 euros, Cuntis de preto de 43.000 euros, A Lama de 33.000 euros, Marín de 139.000 euros, Moraña de preto de 41.000 euros, Poio de máis de 105.000 euros, Ponte Caldelas de preto de 48.000 euros, Portas de máis de 34.000 euros, Sanxenxo de preto de 108.000 euros e Vilaboa de 50.000 euros.

Arousa e contorna

A institución provincial destinará preto de 740.000 euros do “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” a Vilagarcía de Arousa, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Valga e Vilanova de Arousa. Con este novo programa estes concellos, cuxa poboación conxunta ascende a preto de 105.000 habitantes, poderán destinar recursos a construír e mellorar instalacións deportivas, adquirir terreos para uso deportivo ou mercar equipamentos ou material.

O concello de Vilagarcía de Arousa pode beneficiarse de máis de 206.000 euros, o de Cambados de preto de 88.000 euros, Catoira de máis de 36.000 euros, O Grove preto de 74.000 euros, A Illa de Arousa máis de 44.000 euros, Meaño máis de 46.000 euros, Meis de preto de 44.000 euros, Pontecesures de máis de 35.000 euros, Ribadumia de preto de 46.000 euros, Valga de ata 49.000 euros e Vilanova de Arousa de preto de 71.000 euros.

Bueu, Moaña e Cangas

A Deputación de Pontevedra destinará 350.000 euros do “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” a Bueu, Moaña e Cangas. Con este novo programa estes concellos, cuxa poboación conxunta ascende a máis de 58.000 habitantes, poderán destinar recursos a construír e mellorar instalacións deportivas, adquirir terreos para uso deportivo ou mercar equipamentos ou material.

O concello de Cangas pode beneficiarse de preto de 153.000 euros, Moaña de máis de 116.000 euros e Bueu de máis de 79.000 euros para construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo.