A Deputación e o Concello de Pontevedra gardan un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime de violencia de xénero de Baiona
12/11/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presidiu o minuto de silencio convocado de xeito conxunto co Concello de Pontevedra na escalinata exterior do Pazo provincial e no que participaron membros das corporacións provincial e municipal, así como traballadores de ambos os organismos para condenar o crime de violencia de xénero ocorrido en Baiona.