A vicepresidenta Luisa Sánchez reúnese con responsables da Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán para analizar a posta en marcha de iniciativas conxuntas

10/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reunise con responsables da Unión Veciñal, Cultural e Deportiva de Candéan representados por Mercedes Collazo, como responsable de Cultura, e Ignacio Rouco, como secretario. Na xuntanza, na que a vicepresidenta provincial aproveitou para poñer en valor o traballo desenvolvido pola entidade para dinamizar esta parroquia viguesa, analizáronse as diferentes vías de colaboración para poñer en marcha iniciativas conxuntas en beneficio da cidadanía de Vigo