A vicepresidenta Luisa Sánchez participa en Salvaterra de Miño na presentación do XX Rallye Sur do Condado

05/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres no Museo do Viño de Salvaterra de Miño na presentación da XX edición do Rallye Sur do Condado organizado por Escudería Surco. Co apoio da institución provincial, a proba reunirá máis de 100 pilotos entre os días 12 e 14 de xullo no sur da provincia. A vicepresidenta provincial sinalou que “estamos quentando motores para o pistoletazo de saída do próximo sábado, e estou convencida de que esta, a primeira á fronte da presidencia de Bruno Trajano, será un éxito como as anteriores”. Ademais, Luisa Sánchez confesou que “estou desexando ver como Víctor Senra, que suma catro vitorias consecutivas, e o seu eterno rival Alberto Meira, segundo na pasada edición, volven medir as súas forzas: coincidiredes comigo en que este podio promete”.

A vicepresidenta tamén a forma vinculación que une a Deputación coa proba a través do programa provincial “+Talento Motor”, impulsado en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo. “Casualidade ou non, coincide que o gañador, Yago Martínez Diz, é de Salvaterra, e que o segundo e terceiro finalistas, Iago García e Eliot Gómez, pertencen á Escudería Surco”, sinalou. Grazas á súa vitoria, Martínez participará nos cinco rallys do campionato galego, entre os que se atopa o Rallye Sur do Condado.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.