Luisa Sánchez felicita o Real Club de Mar de Aguete polo seu 50º aniversario na presentación da Regata de Cruceiros

29/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este luns no Real Club de Mar de Aguete, en Marín, na presentación da 27ª edición da súa tradicional Regata de Cruceiros, que terá lugar os próximos 3 e 4 de agosto na ría de Pontevedra. A vicepresidenta aproveitou que o club fará o próximo mes 50 anos desde a apertura das súas instalacións para “felicitarvos por todo o traballo que poñedes tanto nesta regata como no conxunto de actividades que realizades para a promoción do deporte náutico”.

Luisa Sánchez asegurou que a regata é “unha das probas náuticas con máis arraigo e tradición de Galicia, co aval de levar máis de dúas décadas como proba puntuable para a Copa de España de Cruceiros”, e afirmou que “demostrará que por algo esta provincia ten que converterse no grande estadio deportivo do mundo” ademais de servir de “inicio perfecto para un mes de conmemoracións”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.